/* Primer post ----------------------------------------------- */ #first { /* Estilos del contenedor del primer post */ margin: 0px 0px 10px 0px; padding: 0px; float: left; background: #ffffff; border: 1px solid #99CC99; } .first-body { /* Estilos para el texto del post */ margin: 0px; padding: 10px 10px; line-height:1.5em; text-align: justify; color: #080707; } #first h3 { /* Estilos para el título del post */ display:block; margin: 10px auto; width: 95%; font-size: 24px; padding: 0px 0px 4px 0px; font-family: 'Palatino Linotype'; font-weight: bold; text-align:center; line-height: 1.4em; color: #f5f5f5; } #first h3 a, #first h3 a:visited { /* Color del título */ color: #009000; } #first h3 a:hover { /* Color del título al pasar el cursor */ color: #5A5B72; } .first-body img { /* Estilo para las imágenes */ padding:10px; background:#fff; border: 0px; } #first .comment-link { /* Estilo para el link de los comentarios */ float:right; padding: 0px 5px 15px 0px; } -->

   

www.pladesemapesga.com |   Actualizado
Plataforma Marítima Pesquera de Galicia
Accesibilidad
 
 Portos depor| Clasificados | Astilleros | Actualidad | Caladeros | Deportes | Lonjas | Marisqueo |   | Pesca | Litoral | Cofradias | Reportajes | Entrevistas  | Buscadores 
Inicio  |  Gente  El Mundo | Especiales |  Última hora  | Conservas  | Playas |  Más+vistas | Pescadores  |  Islas |  Barcos |  Denuncias |   Formación |  Puertos

Última hora del sector marítimo pesquero


Feijóo e Rosa Quintana do Partido Popular rexeitan axudar ao sector marisqueiro galego ante as importantes perdas económicas polos temporais

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) lamenta que o Partido Popular continúe sen defender e apoiar ao sector do mar galego como demostrou unha vez máis na comisión de pesca de hoxe no Parlamento de Galicia ao votar en contra da iniciativa de AGE na que se instaba ao goberno galego a articular axudas económicas extraordinarias para paliar as perdas económicas ocasionadas polos continuos temporais ao conxunto do sector. O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, lamentou esta falla de compromiso por parte do grupo parlamentario do Partido Popular que trata de se esconder nunhas supostas medidas que o goberno galego está a levar a cabo orientadas a arranxar as infraestruturas danadas que nada ten que ver co que pedía o grupo de AGE que sinalaba a necesidade de establecer axudas económicas para o sector nunha situación en moitos casos case de bancarrota.
A adversidade meteorolóxica dos últimos meses ten provocado que a nosa flota pesqueira apenas puidese saír a faenar, situación que unida a xa dramática realidade económica do sector, fai que a día de hoxe a xente do mar estea case na bancarrota, os dous meses que suman sen ingresos e os custes fixos os que teñen que facer fronte con independencia dos días de mar, fan que a situación sexa dramática e moitos estean pensando xa en abandonar este medio de vida tal e como destacou o deputado de AGE. AGE entende que ante esta situación a administración non pode mirar para outro lado e que os milleiros de galegos e galegas que viven do mar merecen a adopción de medidas urxentes que palíen a actual situación de forma que se poidan paliar as perdas económicas e situación social afectada. Algo que o Partido Popular non comparte tal e como deixou claro co seu voto en contra esta mañá.

Nos últimos días os moitos mariñeiros que denuncian as presións das entidades financeiras que queren cobrar os seus créditos igual sen lles importar a situación do sector, e polo tanto son centos senón miles no litoral galegos as persoas que están en risco de perder os seus medios de vida, barcos ou incluso as súas vivendas, “ante esta dramática situación que parece non importar ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e a conselleira do Mar, Rosa Quíntana, máis preocupados de tapar as vergonzas da Pokemon que de ofrecer alternativas o país” lamentou o deputado Juan Manuel Fajardo.


0 comentarios to " "

Publicar un comentario

Revista de Pladesemapesga

No se permite la reproducción total o parcial de estas publicaciones, ni su incorporación a ningun sistema informatico ni su transmisión en cualquier forma o por cualquier medio,electrónico, mecánico, por fotocopia, por grabación o otros métodos , sin el permiso del editor Propiedad : Pladesemapesga. 2014. Autor : Pladesemapesga 2014. Registro Legal. 2012/016402. Nif G-70321807. Impreso en España...