Última hora del sector marítimo pesquero
A colocación de novos peiraos na lámina de auga entre os xa instalados e as praias dos Barcos e da Panadeira suporá un impacto importante na calidade das augas
Verdegaia súmase ás reclamacións de SOS Panadeira e dos veciños e veciñas de
Sanxenxo que rexeitan totalmente o proxecto de construción dun peirao no porto
deportivo Juan Carlos I que lles afecta directamente a praia dos Barcos e a
praia da Panadeira. Sumámonos tamén á solicitude de petición a Portos de Galicia
de anulación da concesión outorgada.
As rías, ademais de ter unha xeomorfoloxía única, unha ampla biodiversidade e
ser altamente produtivas como recurso natural, son unidades físico biolóxicas
funcionais, onde calquera alteración nun punto concreto repercute en maior e
menor medida sobre o seu conxunto.
A colocación de novos peiraos na lámina de auga entre os xa instalados e
as praias dos Barcos e da Panadeira suporá un impacto importante na calidade das
augas, no ecositema da zona e no espazo de baño público. Xa no ano 2011 o
Concello de Sanxenxo informou desfavorablemente ao proxecto de construción do
peirao, naquela altura, o arquitecto municipal informou de que a concesión non
era acorde coa ordenación existente e que incumpría o plan de utilización da
lámina.
Todas estas actuacións sectoriais e irracionais, coa vista posta no curto
prazo e desligadas do conxunto, que pretenden dar cabida legal como concesións a
proxectos e capital de interese privado dentro do dominio público
marítimo-terrestre , teñen sempre como perdedor o medio, as praias que minguan
día a día, a pesca que diminúe, a paisaxe que se deteriora e a idea de
planificación e xestión integral dos recursos é só un eslogan en boca dos
partidos que nos gobernan.
0 comentarios to " A colocación de novos peiraos na lámina de auga entre os xa instalados e as praias dos Barcos e da Panadeira suporá un impacto importante na calidade das augas "
Es noticia
Revista de Pladesemapesga
En imagenes
Noticias más vistas
-
Recien salidos del puerto más cercano y a la misma hora de pescar, dice la información de medios los de comunicación que, varios de sus ...
-
Un diminuto pesquero, dotado de los obligados subsistemas y métodos del Sistema Mundial de Socorro, ha vuelto a demostrar que la evolu...
-
Pladesemapesga denuncia en el Juzgado de Guardia un entramado societario relacionado con el exsecretario de Medio Rural y su hermano (Sr...
-
Proyectos plagiados para justificar ante la Unión Europea los fondos públicos, Eidus Coruña, Smartcity, la nueva gestión de A @MareaAtlántic...
-
El Vicepresidnete de Pladesemapesga, Antón Salgado Clavo acude al programa de V Digital Televisión que se emitirá hoy a las diez de la noche...
En Archivo
- febrero ( 46 )
- marzo ( 56 )
- abril ( 29 )
- mayo ( 13 )
- junio ( 20 )
- julio ( 40 )
- agosto ( 29 )
- septiembre ( 20 )
- octubre ( 11 )
- noviembre ( 10 )
- diciembre ( 10 )
- enero ( 32 )
- febrero ( 15 )
- marzo ( 35 )
- abril ( 36 )
- mayo ( 51 )
- junio ( 17 )
- julio ( 11 )
- septiembre ( 11 )
- octubre ( 34 )
- noviembre ( 33 )
- diciembre ( 19 )
- febrero ( 1 )
- marzo ( 8 )
- abril ( 1 )
- septiembre ( 3 )
Publicar un comentario