/* Primer post ----------------------------------------------- */ #first { /* Estilos del contenedor del primer post */ margin: 0px 0px 10px 0px; padding: 0px; float: left; background: #ffffff; border: 1px solid #99CC99; } .first-body { /* Estilos para el texto del post */ margin: 0px; padding: 10px 10px; line-height:1.5em; text-align: justify; color: #080707; } #first h3 { /* Estilos para el título del post */ display:block; margin: 10px auto; width: 95%; font-size: 24px; padding: 0px 0px 4px 0px; font-family: 'Palatino Linotype'; font-weight: bold; text-align:center; line-height: 1.4em; color: #f5f5f5; } #first h3 a, #first h3 a:visited { /* Color del título */ color: #009000; } #first h3 a:hover { /* Color del título al pasar el cursor */ color: #5A5B72; } .first-body img { /* Estilo para las imágenes */ padding:10px; background:#fff; border: 0px; } #first .comment-link { /* Estilo para el link de los comentarios */ float:right; padding: 0px 5px 15px 0px; } -->

   

www.pladesemapesga.com |   Actualizado
Plataforma Marítima Pesquera de Galicia
Accesibilidad
 
 Portos depor| Clasificados | Astilleros | Actualidad | Caladeros | Deportes | Lonjas | Marisqueo |   | Pesca | Litoral | Cofradias | Reportajes | Entrevistas  | Buscadores 
Inicio  |  Gente  El Mundo | Especiales |  Última hora  | Conservas  | Playas |  Más+vistas | Pescadores  |  Islas |  Barcos |  Denuncias |   Formación |  Puertos

Última hora del sector marítimo pesquero


Segunda carta aberta da Plataforma Sarriana polo Río a D. Agustín Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente

1 de abril de 2014

Sr. Conselleiro,

Lamentamos moito ter que comezar esta carta manifestándolle a nosa decepción. Vostede, no pleno do Parlamento de Galicia do pasado 12 de marzo, comprometeuse a ser esixente cos aspectos medioambientais do proxecto de encaneamento do río Sarria. Afirmou que vostede tamén se mollaba polo río.

Hoxe coñecemos o informe sobre o proxecto, emitido o pasado 13 de marzo, pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DXCN). É ben lamentable, Sr. Conselleiro, que teña que haber un procedemento penal para poder ter acceso a informes que foron solicitados fai semanas. O caso é que, tras ler dito informe, constatamos con tristura que a Consellería que vostede encabeza non ten vontade de exercer as súas competencias en materia de conservación e protección do patrimonio natural de Galicia. Non se mollou, non, nin a punta do pe.

En primeiro lugar, Sr. Conselleiro, porque non adoptou medida algunha a pesar de ter constacia de que o proxecto tiña sido aprobado e as obras iniciadas sen que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil tivese nin tan siquera solicitado ese informe da DXCN, informe que constituía unha condición esencial da Resolución sobre a avaliación ambiental do proxecto.

En segundo lugar, o informe inclúe consideracions sobre o calendario de obra. Isto lévanos a deducir que o calendario que se está aplicando desde o inicio (novembro 2013) non se tiña establecido en colaboración coa DXCN, tal como require a Resolución citada.

Con respecto ao calendario, o informe da DXCN esixe, catro meses despois de comezadas as obras, que os movementos de terra se executen en período de estiaxe. Pois ben, Sr. Conselleiro, ten que saber que se están a levar a cabo movementos de terra dende o mes de novembro, non precisamente no período de estiaxe. Ademáis, eses movementos de terra continúan a realizarse sen adoptar ningunha precaución para evitar o arrastre da terra á canle do río. E éste é outro incumprimento mais da Resolución sobre a avaliación ambiental do proxecto. ¿Cantos levamos? ¿Tres?

E chegamos á parte surrealista do asunto. A DXCN debe emitir un informe sobre a eliminación de obstáculos na canle. Nese informe opina, repetimos, a Dirección Xeral de Conservación da NATUREZA, opina sobre a eliminación das pontes (obstáculos artificiais), pero non considera necesario nin siquera mencionar a eliminación de outros “obstáculos”, por exemplo, a eliminación total de parte da ínsua do Toleiro e a excavación de 70 cm. no resto. Non ten nada que dicir a DXCN sobre a eliminación da cuberta vexetal da ínsua do Toleiro e da ribeira dereita? Mais ben, Sr. Conselleiro, non pode decir nada. Non pode informar favorablemente porque esas actuacións son moi cuestionables dende o punto de vista medioambiental. Pero tampouco pode emitir un informe desfavorable porque alguén xa decidiu que o proxecto ten que executarse. E se os informes non poden ser favorables haberá que facer, polo menos, que parezcan favorables. Cómo se consigue isto? Un método moi utilizado na elaboración e tramitación deste proxecto é facer como se non existiran as cousas que poden causar problemas. Por iso o informe da DXCN omite calquer referencia á eliminación do “bosque de ribera en muy buen estado de conservación …que, incluso en el tramo urbano, conserva una vegetación arbórea autóctona considerable”. A frase entre comiñas está sacada dun informe da DXCN do ano 2009 sobre as canles dos ríos Sarria e Celeiro.

Para terminar, Sr. Conselleiro, permítanos facerlle unha recomendación. Mesmo estes informes de puro trámite, hai que intentar facelos un pouco mellor…. Hai que ler o proxecto, todo non que é moi largo, pero sí as partes mais importantes. Bastaría ter lido a memoria para saber que o proxecto contempla a demolición da presa que desvía a auga hacia o Muiño do Toleiro. Porén o informe afirma: “no está prevista actuación ninguna sobre las dos represas por su influencia despreciable en los episodios de crecida. No se precisa pues informe alguno de esta Dirección General al respecto, ya que esos obstáculos no van a ser eliminados ni modificados”.

Se o resto do proxecto foi lido coa mesma atención … Entre iso e non querer ver algunhas cousas … preguntámonos se realmente con este informe se cumpre a esixencia da Resolución sobre a avalición de impacto ambiental de contar cun informe favorable da DXCN sobre eliminación de obstáculos na canle.

Sr. Conselleiro, reciba un atento saúdo,


Limo sacado do leito do río Sarria ó arrastrar unha árbore talada na outra ribeira o martes 25/02/14. (Foto: mércores 26/02/14 ás 07h26´39”) GPS: 42.776018, -7.411656


0 comentarios to " Dos Idus de marzo ás Calendas de Abril. "

Publicar un comentario

Revista de Pladesemapesga

No se permite la reproducción total o parcial de estas publicaciones, ni su incorporación a ningun sistema informatico ni su transmisión en cualquier forma o por cualquier medio,electrónico, mecánico, por fotocopia, por grabación o otros métodos , sin el permiso del editor Propiedad : Pladesemapesga. 2014. Autor : Pladesemapesga 2014. Registro Legal. 2012/016402. Nif G-70321807. Impreso en España...