/* Primer post ----------------------------------------------- */ #first { /* Estilos del contenedor del primer post */ margin: 0px 0px 10px 0px; padding: 0px; float: left; background: #ffffff; border: 1px solid #99CC99; } .first-body { /* Estilos para el texto del post */ margin: 0px; padding: 10px 10px; line-height:1.5em; text-align: justify; color: #080707; } #first h3 { /* Estilos para el título del post */ display:block; margin: 10px auto; width: 95%; font-size: 24px; padding: 0px 0px 4px 0px; font-family: 'Palatino Linotype'; font-weight: bold; text-align:center; line-height: 1.4em; color: #f5f5f5; } #first h3 a, #first h3 a:visited { /* Color del título */ color: #009000; } #first h3 a:hover { /* Color del título al pasar el cursor */ color: #5A5B72; } .first-body img { /* Estilo para las imágenes */ padding:10px; background:#fff; border: 0px; } #first .comment-link { /* Estilo para el link de los comentarios */ float:right; padding: 0px 5px 15px 0px; } -->

   

www.pladesemapesga.com |   Actualizado
Plataforma Marítima Pesquera de Galicia
Accesibilidad
 
 Portos depor| Clasificados | Astilleros | Actualidad | Caladeros | Deportes | Lonjas | Marisqueo |   | Pesca | Litoral | Cofradias | Reportajes | Entrevistas  | Buscadores 
Inicio  |  Gente  El Mundo | Especiales |  Última hora  | Conservas  | Playas |  Más+vistas | Pescadores  |  Islas |  Barcos |  Denuncias |   Formación |  Puertos

Última hora del sector marítimo pesquero


Pladesemapesga: Somos a Mar e a Pesca de Galicia e ninguén vai calarnos

Nunca, foron capazes de calarnos. Recibimos ameazas, ponnos denuncias, sufrimos discriminación, mesmo hai quen tentou comprarnos y atemorizarnos. Pero aquí seguimos, cos nosos valores intactos e máis fortes que nunca. Porque xa somos máis de 7.000 socios e millóns de lectores que confían nas nosas informacións arróupannos, somos referencia para medios de comunicación impresos, escolas, ciencia, mariños, referencia no mundo pesqueiro, camiñamos por diante da noticia, dos acontecementos e ímolo seguir facendo.

Porque cando en xaneiro deste ano 2012, ante a preocupación de facer desaparecer a Secretaria de Pesca de España e a Consellería do Mar,  Miguel Delgado e un grupo de persoas expertas no sector marítimo pesqueiro de Galicia puxeron os cimentos da Plataforma do que hoxe é, fíxose cun único obxectivo: a loita contra os abusos veñan de onde veñan e a defensa do sector marítimo pesqueiro de Galicia.

Abusos de altos cargos da administración contra os dereitos dos cidadáns. E abusos de gobernos e partidos políticos que non cumpren o que prometen e traizoan aos cidadáns que lles puxeron no poder para que velen polos seus intereses.

Ninguén vai pór de xeonllos aos máis de 7.000 socios e os máis de 500.000 lectores, non imos traizoar aos nosos principios.

Somos combativos, somos solidarios, somos rigorosos, comprensibles, alumnos e, sobre todo, somos defensores da Galicia marítima hasta onde navegue un galego que nos precise.

O ser referente no mundo pesqueiro e marítimo, mayoritarios, especialistas, coñecer en profundidade todo o que acontece no sector, chegar ao 90% do mesmo, parece que non e suficiente para os que dicen estar ao servicio dos bens públicos da ciudadanía e das mesmas institucións o tomen en consideración.

As nosas críticas aos sucesivos cargos e formas de xestión que tivo Galicia dende a actual Consellería de Medio Rural e do Mar, custáronnos ser excluídos de órganos de consulta e representación do sector, de actos públicos, da axenda de comunicación, censúrannos, négannos a información de dereito público, non nos contestan ás denuncias públicas sobre feitos presuntamente delictuosos que poden afectar gravemente aos bens públicos e as mesmas institucións, como tamen provocou que non teñamos nin un “céntimo” de subvencións públicas ás que constitucionalmente temos dereito, por representación e cantidade de socios en favor doutras organizacións menos molestas, dóciles e mesmo encartadas ao poder e cunha dudosa representación. 

A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, remitiu aos medios de comunicación impresos (sumisos ao poder de Feijóo e Rosa Quintana) máis de 70 comunicados de prensa, publicando soamente aquelas que dalgunha forma puidesen deixar en “interdicto” a nosa existencia e que non superaron o 5% das emitidas, o que non consideramos xornalismo plural e libre e moito menos obxetivo, se non, “tráfico de influencias e de información”, unha vergoña para quen se considere ou diga ser periodista, xa que se converte nun ariete ou subalterno das subvencións do diñeiro de todos os contribuintes.

Somos coñecedores de que é o prezo da independencia.

Lamentablemente, a distribución do diñeiro público destinado ás organizacións do sector marítimo pesqueiro e a prensa, nunca se baseou en criterios obxectivos, en función dos niveis de intervención no mercado, relevancia social, número de socios das organizacións que o reciben, se non que se basea en feitos de predisposición á ocultación e submisión ao poder, e así o vimos denunciando.. 

Á Consellería de Medio Rural e do Mar e mais concretamente a seu Secretario Xeral, o Sr. Francisco José Vidal Pardo Pardo, non lles gusta que critiquemos a súa falta de resposta ante os feitos, presuntas irregularidades e as denuncias que lle remitimos, que parecen porlles nerviosos, poñendo as respostas como si estivesen baixo terra onde ninguen as poida ver.

É posible que ao actual Goberno do PP na Consellería da Xunta de Galicia non lle guste que emprendamos esas accións para defender o sector marítimo pesqueiro de Galicia do que consideramos camiña hacia atrás e de lado como os cangrexos. Non sexa capaz de dixerir que critiquemos sanamente, como vimos facendo normalmente, ou que non sexa capaz de convidarnos a unha mesa para falar dos temas nos que estamos inmersos, ¿A que teñen medo?..

Poida que ao Goberno de Rosa Quintana non lle guste tampouco que lle lembremos a súa permisividade coas presuntas irregularidades nas cúpulas das Confrarías de Galicia, entre outros moitos asuntos, acuicultura, Gardacostas, marisqueo de apé, etc, todos eles de grande interés para o sector marítimo pesqueiro de Galicia  que vimos denunciando ante a súa Secretaría que fai caso omiso, dándonos a calada por resposta e forzándonos a remitir as documentacións ao Tribunal de Contas, Fiscalías e Tribunais de Bruxelas, que mire cara a outro lado cando os mariscadores maniféstanse pedindo o que por dereito legal correspóndelles, ou as negociacións para velar polos intereses da nosa flota, e que seguiremos facendo mentres non encontremos respostas consensuadas socialmente na Consellería de Medio Rural e do Mar, tal e como debería de ser.

Pero se é moi grave que unha Consellería deixe dun lado aos cidadáns, favorecendo os intereses de determinados servidores afíns ao partido de quenda no poder, moito máis grave resulta que se tente silenciar con denuncias ante a policía ao Presidente de Pladesemapesga e a unha das organizacións que os representa, polo feito de ser crítica co seu papel, pero tamen e moi grave que as mesmas se dirixan contra un medio de comunicación polo mero feito de informar aos ciudadanos da información a que teñen dereito perfectamente contrastada e documentada.

Non hai máis que ver como se están recortando os dereitos dos cidadáns en Galicia, que asumen o propio e a maiores o do Goberno de España con menos poder adquisitivo para acceder ao ensino universitario, coa redución das bolsas, entre outras medidas ou á sanidade pública, elevando o prezo dos fármacos sacando máis de 400 do financiamento público ou reducindo a porcentaxe da mesma no resto e expulsando aos inmigrantes que non están regularizados por non lograr un contrato de traballo ou impondo a unha parte deles o pago dunha cifra superior ao que representa un seguro privado, ou os mais de 150.000 fogares galegos sen ningun tipo de ingreso económico para comer, sumidos na total e absoluta indigencia, e outros 150.000 por debaixo do umbral da pobreza que se consideran afortunados.

Pero moito mais grave “xogar” coa vida das persoas, intentando cobrarlle o rescate si teñen un siniestro no mar, ao accidentado ou caso de morte as súas familias, cando no resto do litoral non se aplica esa norma “sacada da manga” plaxiando aos vascos, no seu contido e de dudosa legalidade internacional.

¿ Isto non e nada do que nos ofreceron cando votamos nas últimas eleccións?

O noso fin principal é a defensa do sector marítimo pesqueiro de Galicia. Pero ningún alto cargo, ningunha lei, poden recortarnos o noso dereito á liberdade de expresión, como tampouco á liberdade de crítica nin a liberdade de información.

Moléstalle a Consellería e a seu Secretario Xeral que exerzamos ese dereito para criticar políticas que consideramos contrarias aos intereses do sector pesqueiro de Galicia?

É o que ten a democracia, que quizais lle quede grande a algúns, que actúan con total impunidade ante as normas democráticas avaladas por todos os ciudadans nas urnas.

Todos estos feitos, non son individuáis, e é  a democracia e as libertades o que está sendo atacada e posta en xogo.

E é a democracia o que está en xogo cando un partido chega ao poder e comete a maior fraude electoral da historia, facendo xusto o contrario do que prometeu e firmou no seu programa electoral sen someter as súas medidas cambiantes ao referendo dos cidadáns nin convocar eleccións para presentar un novo programa electoral que esta vez si estea disposto a cumprir.

Como tamén periga a democracia cando un político ou alto cargo autoritario decide non aceptar o exercicio de dereitos constitucionais por parte da sociedade civil e opta pola represión pondo denuncias e usando a administración e seus ardices administrativos para por freo a quen levante a voz esixindo que se cumpran as normativas, a xurisprudencia e non se abuse do silencio administrativo desprotexendo a ciudadanía como forma de evadir as propias responsabilidades.

Somos especialistas que buscan equilibrar e mellorar na medida do posible o sector marítimo pesqueiro de Galicia en favor das máis de 36.000 familias que viven diso, de toda a ciudadanía, pero tamén loitamos  contra os abusos de todo aquilo que represente un grave perigo para o mesmo.

Por que, Galicia naceu do Mar, é Mar, vive do Mar, e nos vivimos xunto ao Mar oubeando como as olas, que cando tropezan na area  siguen sen calar.

 

Acerca de: la Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia es una asociación no lucrativa, Nif: G-70321807 - Registro 2012/016402 . con más de 7.000 socios y formada por personas físicas, empresarios, políticos, profesionales y autónomos, marineros, mariscadores/as, ecologistas, asociaciones, expertos en todos los sectores del Mar y la Pesca, que comparten el interés y la inquietud por el entorno del Sector Marítimo Pesquero de Galicia. Cuya presencia en Internet queda reflejada en: www.pladesemapesga.com y www.plataformaendefensadelsectormaritimopesquerodegalicia.com

 


0 comentarios to " "

Publicar un comentario

Revista de Pladesemapesga

No se permite la reproducción total o parcial de estas publicaciones, ni su incorporación a ningun sistema informatico ni su transmisión en cualquier forma o por cualquier medio,electrónico, mecánico, por fotocopia, por grabación o otros métodos , sin el permiso del editor Propiedad : Pladesemapesga. 2014. Autor : Pladesemapesga 2014. Registro Legal. 2012/016402. Nif G-70321807. Impreso en España...